Quien a buen árbol se arrima...

miércoles, 25 de enero de 2012

Organigrama Consellería do Medio Rural e do Mar





De este modo, el organigrama queda como sigue.
Organigrama Consellería do Medio Rural e do Mar
View more documents from Aula Silvicultura Uvigo


- A Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes exercerá as competencias inherentes á:
  • ordenación, fomento e mellora da produción forestal, 
  • medidas de prevención e defensa contra os incendios forestais. 
  • industrias agroalimentarias
  • promoción e defensa da calidade dos produtos agroalimentarios galegos recoñecemento e vixilancia das denominacións de calidade.
  • a través dos órganos de dirección que a integran (DX. Desenvolvemento Rural, DX Producion Agropecuaria), correspóndelle o exercicio das competencias en:
    • agricultura, 
    • gandaría, 
    • desenvolvemento rural e ordenación comarcal, 
    • estruturas rurais.

estrutúrase nas seguintes unidades:

  • Subdirección Xeral de Recursos Forestais, que exercerá as funcións relativas á conservación e fomento dos recursos forestais, á sustentabilidade da xestión forestal, á regulación e ordenación dos seus aproveitamentos; ao asesoramento técnico e administrativo das comunidades propietarias de montes veciñais en man común, ao fomento de fórmulas de agrupación de propietarios forestais, á xestión dos rexistros públicos en materia de montes, ás accións tendentes á mellora e conservación da saúde e vitalidade dos bosques; así mesmo, exercerá funcións relativas ao fomento e mellora da produción forestal.  

    1. Servizo de Xestión Forestal, que se encargará da ordenación e da xestión dos montes pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros departamentos desta administración, e exercerá as funcións que legalmente procedan en relación cos de utilidade pública, os de entidades locais e daqueles que sexan obxecto de contratos públicos de xestión, promoverá a certificación forestal dos montes galegos e o control e seguimento do aproveitamento dos recursos forestais.
    2. Servizo de Fomento Forestal, que se encargará do fomento das accións de mellora da produción forestal; o fomento das agrupacións dos propietarios forestais e a mellora da xestión e competitividade das empresas do sector forestal.
    3. Servizo de Montes Veciñais en Man Común e Estruturas Forestais, ao cal lle corresponde o asesoramento técnico e administrativo das comunidades de montes veciñais en man común (MVMC), das sociedades de fomento forestal (Sofor) e demais agrupacións de propietarios forestais, e velará pola conservación e integridade dos MVMC e o resto das funcións que legal e regulamentariamente procedan en relación cos MVMC e coas Sofor, e levará os rexistros públicos administrativos.
    4. Servizo de Medio Rural, ao cal lle corresponde o seguimento, análise e planificación das accións tendentes á mellora e conservación da saúde e vitalidade das masas forestais, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros departamentos desta administración, realizará a planificación e execución das accións para a mellora e control da calidade do material forestal de reprodución e o control e seguimento da adaptación e resistencia dos bosques fronte ás variacións climáticas.

  • Subdirección Xeral de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais, que levará a cabo as actuacións encamiñadas á protección e á defensa dos montes contra os incendios forestais, exercendo as funcións de programación, aprobación, execución, avaliación e seguimento dos plans, medidas e accións de defensa dos montes contra os incendios forestais; a elaboración de estudos e análise de causalidade e a coordinación de medios na loita contra os incendios forestais.

    1. Servizo de Organización e Control de Medios, que se encargará da organización dos sistemas de comunicación, vixilancia e detección de incendios forestais; da execución de plans de dotación de equipamentos de loita contra estes, así como dos programas de colaboración con outras administracións públicas, asociacións e organizacións de carácter privado.
    2. Servizo de Programación, que se encargará da supervisión dos plans de prevención e defensa contra os incendios forestais dos montes de xestión pública; das análises e estudo da causalidade; da elaboración de estatísticas en materia de defensa contra incendios forestais; da dotación de infraestruturas e medios de defensa contra os incendios forestais, así como da execución de programas de loita contra estes.
    3. Servizo de Planificación Preventiva, que se encargará da elaboración, supervisión, seguimento e control da planificación da prevención e defensa contra incendios forestais dos distritos forestais; da promoción, aprobación e supervisión dos plans de prevención e defensa contra incendios forestais municipais; da supervisión dos instrumentos de ordenación de montes veciñais en man común e particulares, así como da elaboración de plans de formación e riscos do persoal vinculado á prevención e defensa contra incendios forestais.

  • Subdirección Xeral de Formación e Transferencia Tecnolóxica, que exercerá as funcións de programación e coordinación da formación agroforestal e a divulgación dos resultados da investigación agraria e alimentaria para conseguir a incorporación das innovacións tecnolóxicas aos sistemas produtivos primarios e de transformación, así como a realización de estudos, publicacións e estatísticas agroforestais.

    1. Servizo de Formación Agroforestal, que desenvolverá as funcións de formación das persoas agricultoras, gandeiras e silvicultoras, así como das súas asociacións e agrupacións, empresas de servizos agrarios e industrias agropecuarias, agroalimentarias e forestais, nos seus aspectos de ensinanzas regradas e non regradas, do persoal dependente da Consellería en materias técnicas en colaboración, de ser o caso, con outros departamentos ou entidades da Administración con competencias en materia de formación de persoal e sen menoscabo das competencias atribuídas a estas entidades; así como a coordinación dos centros de formación e experimentación agroforestal. Correspóndelle, así mesmo, a coordinación e seguimento dos cursos de formación realizados no ámbito de actuación dos servizos centrais e periféricos en materia agroforestal.
    2. Servizo de Transferencia Tecnolóxica, Estatísticas e Publicacións, que desenvolverá as funcións de coordinación entre os centros de investigación e experimentación agraria e forestal e o sector agroforestal e o industrial asociado, co fin de realizar a divulgación dos resultados experimentais e a adopción das innovacións tecnolóxicas na materia, para o cal contará co apoio e colaboración das oficinas agrarias comarcais e dos distritos forestais para estudar e indagar nas necesidades e inquedanzas do sector co obxecto de promover a investigación nas materias que este demande, asumindo as funcións de asesoramento ao sector agrario e forestal nas cuestións de innovación e uso das novas tecnoloxías. Correspóndelle tamén, en colaboración cos centros de investigación e experimentación, publicar e divulgar os resultados dos ensaios e proxectos de experimentación e demostración no ámbito agroforestal, así como a realización dos estudos relativos ao sector agroforestal que se lle encomenden. Adicionalmente, responsabilizarase da dirección e elaboración das estatísticas en materia agroforestal, en coordinación co Instituto Galego de Estatística, así como da coordinación das publicacións e edicións audiovisuais que se realicen. Levará a cabo, así mesmo, as funcións que se lle encomenden en relación cos observatorios de prezos de produtos agrarios

  • Subdirección Xeral de Industrias e Calidade Agroalimentaria, á cal lle compete a ordenación, fomento, coordinación, asesoramento e vixilancia das industrias agroalimentarias e forestais, a promoción e o fomento da comercialización dos produtos agroalimentarios, as propostas de recoñecemento das denominacións de orixe e de calidade, así como a vixilancia do prestixio das recoñecidas e a inspección e defensa contra as fraudes á calidade alimentaria.

    1. Servizo de Industrialización e Comercialización, que exercerá as accións de ordenación, inspección, asistencia e fomento das industrias agroalimentarias e de produtos forestais
    2. Servizo de Promoción da Calidade Agroalimentaria, ao cal lle compete a xestión e a elaboración dos programas de promoción e fomento dos produtos agroalimentarios galegos así como as propostas de recoñecemento das denominacións de calidade.
    3. Servizo de Control da Calidade Alimentaria, que desenvolverá todas as actuacións en materia de defensa contra as fraudes á calidade alimentaria, así como as relativas á coordinación dos traballos do persoal que realiza funcións de inspección nesa materia.

  • Subdirección Xeral de Innovación e Experimentación Agroforestal, á cal lle corresponderá a programación e a coordinación da investigación nos distintos centros da Consellería en materia agroforestal, tendo en conta os obxectivos, programas e instrumentos dos plans galegos de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación vixentes en cada momento en Galicia. Impulsará e executará os traballos de investigación nas materias asignadas, tanto nos aspectos da produción e transformación como no que atinxe ao cumprimento das boas prácticas agrarias e do conxunto dos requisitos legais de xestión nos procesos produtivos primarios nas explotacións galegas. Así mesmo, a través dos seus laboratorios de servizo e en coordinación coa Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, atenderá a demanda de análises conducentes a determinar a seguridade alimentaria vexetal, así como as determinacións que acrediten o bo estado das augas e solos de cultivo.

    1. Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña), do cal dependen a Estación Experimental de Gandaría de Montaña Marco da Curra (Monfero-A Coruña), a Estación Experimental Agrogandeira da Pobra do Brollón (Lugo) e a Estación Experimental Agrícola de Baixo Miño en Salceda de Caselas (Pontevedra).
    2. Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Leiro-Ourense), da cal depende a Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia (Pontevedra)
    3. Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia (Mabegondo-A Coruña).
    4. Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, que exercerá todas as funcións que en materia de experimentación lle sexan encomendadas, especialmente as relativas á ecoloxía de especies autóctonas, á mellora xenética forestal, fitopatoloxía das especies forestais e aos incendios forestais. 

____________________________________________________________________________________________________________________